venres, 29 de xaneiro de 2016

Badminton unit

O bádminton é un deporte facilmente adaptable ás necesidades e obxectivos da materia de Educación Física, dadas as súas características relativas ao material, espazo, practicantes e aspectos técnico-tácticos. Dada a súa versatilidade, ofrécenos a posibilidade de xogalo desde unha óptica meramente lúdica, sinxela e asequible para a inmensa maioría do alumnado, como practicalo na súa vertente máis competitiva (totalmente secundaria nesta unidade) na que se esixe un maior dominio deste deporte. A esta particularidade engádenselle ademais outros aspectos positivos como:
  • Non se require dunha fase de introdución excesivamente longa: desde o principio pódese lograr unha práctica máis ou menos continuada.
  • É unha actividade non sexista: apenas existen diferenzas entre a práctica realizada polo rapaces e as rapazas.
  • É fácil adaptar a súa práctica a diferentes grupos de idades e niveis de xogo.
  • Ofrece outros modelos alternativos de actividade física para empregar no tempo libre.
  • Permite desenvolver habilidades e destrezas que non se desenvolven noutros deportes  máis convencionais.
  • Moitos dos xestos técnicos son transferibles a outros deportes análogos.
  • Contribúe a un estilo de vida saudable e de mellora  da condición física dun xeito lúdico. 
ligazón da foto lévanos ao deseño desta unidade didáctica desenvolta na miña sección bilingüe.
Badminton unit CLIL

Ningún comentario:

Publicar un comentario